Área industrial
| Área industrial |
|
|
|
|
Benvido á área industrial de Laboratorios Asociados Nupel.
O noso principal obxectivo é obter produtos farmacéuticos cos máis altos niveis de calidade e seguridade. Para acadar e manter este obxectivo a longo prazo, dedicamos todos os nosos recursos, tanto económicos como persoais. O equipo humano da nosa empresa, está formado por un gran número de profesionais cualificados e con ampla experiencia nas súas áreas de traballo. Isto permítenos comprometernos cos nosos clientes e facilítanos a resolución de eventuais problemas que poidan aparecer no desenvolvemento dos proxectos. Ademais destes recursos, hai unha serie de factores chave que inflúen para crear confianza e unha boa relación empresarial cos nosos partners. Entre estes factores estarían o equipo de traballo, unha comunicación directa e transparente, así como a nosa experiencia nos campos implicados e na motivación do persoal. Actualmente, estamos traballando en importantes proxectos con diversas compañías internacionais e multinacionais centradas nos mercados europeo, asiático e americano. A envergadura destes proxectos dá unha idea dos niveis de calidade dos nosos produtos, así como os puntos fortes da nosa compañía. |
| Área industrial |
| Instalacións e produción |
| Calidade e cumprimento de GMP |