Área industrial
Instalacións e produción
| Instalacións e produción |
|
|
|
|
Laboratorios Asociados Nupel aposta por produtos farmacéuticos que cumpran os máis estritos niveis de calidade. Os seus esforzos e inversións van encamiñados a dispor de instalacións de vangarda e cos últimos avances tecnolóxicos que permitan satisfacer os requisitos actuais e futuros.
A fabricación de produtos farmacéuticos é levada a cabo na planta de Laboratorios Asociados Nupel situada en Lugo. Esta planta dispón da tecnoloxía máis avanzada que permite a realización dos procesos produtivos máis sofisticados. A planta cumpre os requisitos europeos en materia de GMPs. As instalacións están perfectamente equipadas para manter a alta calidade na produción durante os vindeiros anos. Todos os procesos produtivos están altamente controlados e automatizados, para garantir a calidade do produto final. A planta ocupa unha superficie de 8.000 m², onde se realizan operacións de fabricación, reenchido e acondicionamento de líquidos, así como envasado e acondicionamento dos máis diversos produtos sólidos. As instalacións dispoñen de áreas perfectamente separadas para a recepción e o almacenamento de materias primas, materiais de acondicionamento, o envío de produtos acabados, os laboratorios de control de calidade, zonas diferenciadas de produción e acondicionamento. Capacidade de produción Líquidos Dispoñemos das instalacións e equipamentos necesario para a fabricación e acondicionamento de gran cantidade de produtos líquidos, principalmente solucións desinfectantes. Envasado e acondicionamento As nosas liñas de envasado de produtos contan cos últimos avances tecnolóxicos para garantir a obtención de produtos de máxima calidade. Formas sólidas
Líquidos
|
| Área industrial |
| Instalacións e produción |
| Calidade e cumprimento de GMP |