| Desenvolvemento de negocio |
|
|
|
|
Laboratorios Asociados Nupel S.L. é unha compañía dinámica e creativa que centra a súa política de Desenvolvemento de Negocio no crecemento dentro do mercado global e no desenvolvemento da súa propiedade intelectual enfocada á innovación.
Un dos sinais de identidade da compañía, é o compromiso dos seus profesionais. Consideramos que formar, motivar e fidelizar aos nosos empregados é un dos seus principais activos e a base para poder ofrecer solucións innovadoras en cada área de negocio. Outras dúas características moi importantes de Laboratorios Asociados Nupel S.L. son a flexibilidade e a rapidez. Estes factores son decisivos para acadar o éxito no sector Farmacéutico.
Na actualidade, a actividade da empresa lévase a cabo en áreas tan diversas como:
Un factor chave para o desenvolvemento é a apertura de novos mercados internacionais. No futuro, o crecemento interno da empresa e a explotación das sinerxías entre países, seguirán impulsando a traxectoria globalizadora do grupo Nupel. |