Skip to content

Laboratorios Asociados Nupel S.L.Laboratorios Asociados Nupel S.L.



Da teoría
á práctica
Inicio arrow Servicios arrow Cursos e formación
Cursos e formación PDF Imprimir Correo-e
Planes de Formación
 Dentro do propio sistema e como requisito identificado na política de LABORATORIOS ASOCIADOS NUPEL, S.L., a formación do persoal da empresa considérase estratéxico para a súa implantación efectiva e asegurar a mellora continua, fomentando así unha maior participación por parte de todo o persoal en relación á continuidade do Sistema.  Cada traballador dispón dun expediente no que se indica a formación específica que recibiu, así como o posto de traballo para o que está cualificado e formado.
 
 Nun principio, NUPEL realiza unha Formación Inicial para o persoal de nova contratación, a cargo do responsable do Departamento, referente aos requisitos específicos que aseguren unha boa calidade do produto/servizo, así como dos aspectos ambientais relacionados coa súa actividade co obxecto de que sexan conscientes de:

  •  A importancia do cumprimento da Política de Calidade e Medio Ambiente e a consecución dos obxectivos e metas establecidos.
  •  Os impactos ambientais significativos, reais e potenciais, derivados das actividades, produtos e servizos.
  •  As súas funcións e responsabilidades no Sistema Integrado de Xestión.
  •  Os beneficios derivados do cumprimento do Sistema Integrado de Xestión.
  •  As consecuencias do incumprimento das disposicións do Sistema Integrado de Xestión.

 Ademais, cada ano elabórase un Plan Anual de Formación en función das necesidades do persoal: ampliación de coñecementos técnicos, aplicación de novas tecnoloxías, ampliación dos coñecementos sobre as necesidades e as problemáticas ambientais, etc. Os cursos ou seminarios son impartidos por estamentos públicos ou privados e, unha vez realizados, os asistentes enchen un cuestionario coa fin de medir a eficacia da formación recibida, quedando rexistrado na correspondente Ficha do Traballador.