| Consellos de saúde |
|
|
|
|
Consumo de alcohol
Debe evitarse a inxestión de bebidas alcohólicas conxuntamente con fármacos: o alcohol interfire na absorción e potencia determinados efectos.
Embarazo e lactancia
Determinados medicamentos traspasan a barreira placentaria, incorporándose ao sangue do feto, podendo ocasionarlle trastornos. Do mesmo modo, algúns medicamentos son eliminados polo leite materno, sendo inxeridos polos lactantes. Ambas as situacións deberán serlle comunicadas ao médico no momento da prescrición. Mestura de medicamentos Determinados fármacos interactúan entre si cando son administrados conxuntamente. Evite esta posibilidade advertindo a seu médico dos tratamentos que está tomando no momento da prescrición. Avisar en caso de reaccións alérxicas Ante a sospeita de anteriores reaccións alérxicas a fármacos, estas deberán ser sempre comunicadas no momento da prescrición, estudadas por un especialista en alerxias e, en caso ser confirmadas, levar sempre enriba calquera tipo de indicativo num lugar visible. Ler o prospecto No prospecto que acompaña a todos os medicamentos, faise mención á forma de administración, ás doses, interaccións con outros fármacos, efectos secundarios, contraindicacións, precaucións, etc. Léao detidamente e se ten algunha dúbida, consúltea co seu médico ou farmacéutico antes da súa administración ou en caso de reacción adversa. Non deixar ao alcance de nenos Os nenos poden confundir os medicamentos con larpeiradas, pola súa forma e sabor e tentar imitar aos adultos se os ven inxerilos. Debe evitarse ese risco evitando deixar os medicamentos ao alcance dos nenos. Para iso deben concentrarse todos os medicamentos existentes no fogar nun armario elevado. Revisar os medicamentos caducados: SIGRE Periodicamente debe revisarse o botiquín, eliminando aqueles produtos en mal estado ou caducados. Non deben tirarse ó lixo: deben levarse á farmacia, onde serán recollidos.
Consulte o seu médico ou farmacéutico
Son eles os únicos que poden aclarar calquera tipo de dúbida e prescribirlle ou dispensarlle o produto axeitado para tratar calquera problema de saúde, así como indicar a correcta forma de administración e as precaucións a ter en conta. Evite automedicarse ou seguir consellos de persoas non expertas consonte a súa experiencia persoal. |