¿Quen somos?
| Carta do Presidente |
|
|
|
|
En nome de Nupel e no meu propio, aproveito esta ocasión para mandarlles un cordial saúdo, e espero que a información que atopen na nosa páxina web sexa do seu interese e, sobre todo, que lles permita coñecer un pouco máis a nosa organización. Laboratorios Asociados Nupel é unha compañía farmacéutica, de capital nacional, que nace no ano 1.986 como almacén de distribución de medicamentos e produtos farmacéuticos. Desde que foi fundada, a compañía experimentou un crecemento rápido e constante, o que nos levou a ampliar a nosa actividade coa creación dunhas modernas instalacións onde se establecería, no ano 2.000, o Laboratorio Farmacéutico. As dúas actividades son levadas a cabo conxuntamente, sendo común a Dirección Xeral e independentes os Departamentos Técnicos.
As diferentes liñas fármaco-terapéuticas coas que conta Nupel son
comercializadas a través das divisións de OTC, prescrición, xenéricos e
exportación, representando esta última a maior parte da actividade de Nupel,
subministrando medicamentos a máis de 20 países.
Como industria farmacéutica, os nosos obxectivos céntranse
fundamentalmente no crecemento constante da nosa tarefa profesional, o
subministro, distribución e fabricación de medicamentos, o
desenvolvemento do capital humano mediante unha formación constante e a
aposta pola investigación e o desenvolvemento conxunto con outras
entidades do sector, como son laboratorios farmacéuticos, universidades
e centros de investigación. Para conseguir estes obxectivos,
traballamos cada día no fortalecemento dunha cultura corporativa
baseada na profesionalidade e o traballo en equipo. Por todo iso, a
nosa política de Recursos Humanos ten estado sempre orientada ao
benestar persoal e ao desenvolvemento profesional do noso equipo. A
posta en práctica desta política permitiunos contar cun equipo humano
competente, motivado e altamente comprometido cos obxectivos da
organización. O equipo humano e as novas tecnoloxías son pezas chave de
futuro, que nos permitirán garantir o éxito dos nosos obxectivos.
Somos conscientes de que sumando esforzos conseguiremos máis
doadamente o noso obxectivo: a mellora constante e continuada da nosa
compañía en beneficio de nosa sociedade.
|