Skip to content

Laboratorios Asociados Nupel S.L.Laboratorios Asociados Nupel S.L.



Da teoría
á práctica
Inicio arrow ¿Quen somos? arrow Carta do presidente
Carta do Presidente PDF Imprimir Correo-e
 En nome de Nupel e no meu propio, aproveito esta ocasión para mandarlles un cordial saúdo, e espero que a información que atopen na nosa páxina web sexa do seu interese e, sobre todo, que lles permita coñecer un pouco máis a nosa organización.  Laboratorios Asociados Nupel é unha compañía farmacéutica, de capital nacional, que nace no ano 1.986 como almacén de distribución de medicamentos e produtos farmacéuticos. Desde que foi fundada, a compañía experimentou un crecemento rápido e constante, o que nos levou a ampliar a nosa actividade coa creación dunhas modernas instalacións onde se establecería, no ano 2.000, o Laboratorio Farmacéutico. As dúas actividades son levadas a cabo conxuntamente, sendo común a Dirección Xeral e independentes os Departamentos Técnicos.
 
 As diferentes liñas fármaco-terapéuticas coas que conta Nupel son comercializadas a través das divisións de OTC, prescrición, xenéricos e exportación, representando esta última a maior parte da actividade de Nupel, subministrando medicamentos a máis de 20 países.  
 
 Como industria farmacéutica, os nosos obxectivos céntranse fundamentalmente no crecemento constante da nosa tarefa profesional, o subministro, distribución e fabricación de medicamentos, o desenvolvemento do capital humano mediante unha formación constante e a aposta pola investigación e o desenvolvemento conxunto con outras entidades do sector, como son laboratorios farmacéuticos, universidades e centros de investigación. Para conseguir estes obxectivos, traballamos cada día no fortalecemento dunha cultura corporativa baseada na profesionalidade e o traballo en equipo. Por todo iso, a nosa política de Recursos Humanos ten estado sempre orientada ao benestar persoal e ao desenvolvemento profesional do noso equipo. A posta en práctica desta política permitiunos contar cun equipo humano competente, motivado e altamente comprometido cos obxectivos da organización. O equipo humano e as novas tecnoloxías son pezas chave de futuro, que nos permitirán garantir o éxito dos nosos obxectivos.  Somos conscientes de que sumando esforzos conseguiremos máis doadamente o noso obxectivo: a mellora constante e continuada da nosa compañía en beneficio de nosa sociedade.