Skip to content

Laboratorios Asociados Nupel S.L.Laboratorios Asociados Nupel S.L.



Da teoría
á práctica
Inicio arrow Área industrial arrow Calidade e cumprimento de GMP
Calidade e cumprimento GMP PDF Imprimir Correo-e
 Na sociedade actual, as exixencias referentes á calidade aumentan a un ritmo vertixinoso. Estas exixencias son aínda maiores nun sector coma o noso, o sector farmacéutico, no que os produtos obtidos son utilizados para mellorar a saúde e calidade de vida dos pacientes. A obtención de produtos farmacéuticos da máis alta calidade vai acompañada do cumprimento das máis estricas normas de calidade locais e internacionais.

 Todas as operacións realízanse conforme as boas normas de fabricación (GMPs) vixentes, e son inspeccionadas e certificadas polas autoridades nacionais.

 O alto nivel tecnolóxico da planta contribúe eficazmente a evitar a contaminación cruzada entre diferentes produtos e a contaminación microbiolóxica. A auga necesaria para a produción trátase mediante un proceso de purificación e mantense en constante movemento nun sistema de circuíto pechado de tubarias de aceiro inoxidable.

 Un cambio dobre de roupa, obrigatorio para acceder ás áreas de producción, é unha garantía adicional fronte á contaminación cruzada.

Achegas importantes para a mellora da calidade dos medicamentos
Acondicionamento primario e secundario das formas farmacéuticas sólidas
As formas farmacéuticas sólidas (comprimidos, cápsulas, draxeas...) fabricadas en Laboratorios Asociados Nupel, teñen garantida a conservación das propiedades e características do medicamento así como a súa actividade farmacolóxica. Isto conséguese utilizando no acondicionamento primario dos produtos, os mellores materiais existentes no mercado (aluminio-aluminio). Todos os produtos son acondicionados en tiras de aluminio-aluminio para que conserven as propiedades terapéuticas intactas ao longo do período de caducidade.

O uso de aluminio-aluminio no acondicionamento primario aporta grandes vantaxes respecto ao uso dos materiais tradicionais como PVC ou PVDC. Entre as principais vantaxes está a maior estanquedade que proporciona o aluminio respecto ao PVC. Desta maneira melloramos considerablemente as condicións de conservación do medicamento. Por outro lado, o acondicionamento en tiras, evita que o material sufra deformacións excesivas na formación dos alvéolos, minimizando así a aparición de posibles fisuras que posibilitan a alteración do produto.

Ademais das vantaxes indicadas, os produtos fabricados en Laboratorios Asociados Nupel, preséntanse en tiras de aluminio-aluminio precortables. Este sistema permite ao paciente individualizar de forma fácil e sinxela cada unha das doses que compoñen o medicamento. O acondicionado dos produtos con este sistema de individualización das doses ten especial utilidade nos hospitais, porque aforra tempo na preparación da medicación para os pacientes.

No relativo ao acondicionamento secundario, é importante resaltar que todos os estoxos utilizados para o acondicionamento dos nosos produtos, posúen un sistema para garantir a inviolabilidade do envase. Deste modo aseguramos que dito envase non foi manipulado desde a súa fabricación ata o mesmo momento do uso do medicamento.

Acondicionamento secundario de xaropes, suspensións e solucións
No acondicionamento de xaropes, suspensións e solucións, a principal innovación que introducimos é o uso de etiquetas tipo libro. Nestas etiquetas está incluída toda a información existente no prospecto, así como outra información que poida ser de utilidade para o paciente (modo de preparación da suspensión, posoloxías...).

Co uso destas etiquetas, garantimos que esta información importante para o paciente estea sempre dispoñible, por encontrarse no mesmo envase do medicamento. Outra vantaxe deste tipo de etiquetas é o uso de cores e gráficos que facilitan ao paciente a comprensión da información contida en dita etiqueta.